Título:
Tres
Compañía:
Pisando Ovos
Clasificación: Danza / Contemporánea
Este espectáculo pertence a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Data e lugar da estrea: 31-10-09
Duración: 80 min
Público: Adulto
Dirección: Rut Balbís
Escenografía: Afonso Castro
Son: Soyuz
Iluminación:
Afonso Castro
Vestiario: Pisando Ovos
Elenco artístico / formación:
Janet Novás
Andrea Quintana
Rut Balbis
TRES ensínanos os encontros e desencontros de tres mulleres condicionadas pola súa sexualidade e as súas experiencias persoais a cerca dela. Encontros que se definen entre o individual e o común, a fantasía e as obsesións, o mimetismo dos corpos, e todo isto nun mundo novo no que se poden redescubrir a elas mesmas.
A peza é unha exploración das posibilidades e límites do corpo a través da combinación de diferentes disciplinas coas que tratan de encontrar novos e persoais rexistros que van desde os movementos máis radicais aos máis minimalistas.