Buscador

Localidade
Espazo
Ámbito
Compañía / Grupo
mes anteriorsetembro 2010mes seguinte
LMMeXVSD
    
2
 
 
6
7
 
 
13
14
 
 
20
21
22
 
 
28
29
    

Pressing Catch

Datos do espectáculo

Título: Pressing Catch
Compañía: Berrobambán
Clasificación: Teatro adultos / Contemporáneo

Este espectáculo pertence a Rede Galega de Salas.

Data e lugar da estrea: Sala Nasa, 11 de marzo do 2010

Duración: 75 min
Público: Adulto

Ficha artística

Autor: Paula Carballeira
Dirección: Quico Cadaval
Escenografía: Pablo
Son: Soyuz
Iluminación: Fidel Vázquez
Vestiario: Clotilde Vaello

Elenco artístico / formación:

Hugo Torres- Hellmaster/DJ

Paula Carballeira- A Chorona

Chiqui Pereira- Árbitro

Anabell Gago- Lola

Pressing Catch

Vivimos na era do medo. Temos medo practicamente de todo; e o medo, ademais de limitar a nosa liberdade, anúbranos o entendemento e fainos manipulables, bonecos nas mans das novas tecnoloxías, dos medios de comunicación, do poder. Non deixa de ser curioso que uns dos programas máis vistos nos últimos dez anos en diferentes televisións do planeta sexan os dedicados á loita.

En Berrobambán pretendemos facer teatro do espectáculo do “pressing catch”, tomando algunhas das súas convencións: os epítetos dos loitadores, a acrobacia, a música que os acompaña, pero introducindo variantes coma o coidado dos diálogos, a presenza feminina, e, sobre todo, a descontextualización da loita.

Un D.J. preséntanos o espectáculo, el leva a música, o ritmo dos movementos e das palabras. El preséntanos as loitadoras e loitadores deste Pressing Catch, personaxes que poden ser calquera de nós na súa vida cotiá, coas súas rabias, cos nosos medos.

LOLA: unha muller sen pretensións, clara coma o seu nome, sincera, que pisa forte para afirmarse na xenreira que sente e que bota para fóra con cada palabra, con cada pancada.

A CHORONA, que pola contra, está máis de volta, coma se a experiencia que leva ás costas perfeccionase a súa técnica de chantaxe emocional, de destreza física e verbal.

O HELLMASTER domina a dialéctica e a loita física, pero leva a escena o seu universo emocional, as súas debilidades: a familia. Comete ademais un erro imperdoable, que é mesturar o privado e o público.

O ÁRBITRO ten a complexidade dos fracasados, dos eternos perdedores que buscan o seu oco nun mundo feito á medida dos gañadores.

En Pressing Catch a loita que se realiza nos cuadriláteros, seguindo unhas normas determinadas, vai ocupar un espazo de ficción coma é o teatro e, á vez, vai ter un paralelismo coa realidade, cos loitadores e loitadoras anónimos que realizamos actos de violencia cada día sen reparar neles.

PRESSING CATCH NA TRAXECTORIA DE BERROBAMBÁN

Aínda que nas últimas montaxes de Berrobambán había unha especial atención ao público familiar a compañía aposta agora por un espectáculo para xente moza e adulta no que se reflexiona sobre determinadas circunstancias sociais que estamos a vivir. Esta liña de traballo enfocada cara ao público adulto e que incide na franxa de idade máis nova deste público ten xa dous antecendentes na compañía: NdC e Vendetta.

En NdC Berrobambán investigou a interacción entre texto e movemento, con pequenas coreografías ligadas ás liñas de contido, con metáforas violentas e rupturas da cuarta parede que, ao igual que en Vendetta, incluían ao espectador como interlocutor dos personaxes. En Vendetta íase máis alá, ata o extremo de que os personaxes pedían a participación activa do público como un compoñente máis do espectáculo. Esta preocupación polo público, porque forme parte da historia que se está a contar, porque esa historia lle resulte achegada e familiar, permanece na proposta de Pressing Catch, do mesmo xeito que a coreografía do movemento escénico e a estética do desencanto que pretende facer reaccionar ou accionar dalgunha maneira a quen asiste á representación. Non inmediatamente, senón tras recibir as imaxes, as mensaxes, tempo despois de saír do teatro.

Pressing Catch é, ademais, un proxecto multidisciplinar que vai moito máis alá do escenario, e abrangue outras vías de acción coma a multimedia, a audiovisual, a musical ou a literaria: á edición do texto de Paula Carballeira en Edicións Positivas súmanse a elaboración de tres pequenas curtametraxes, da man de Carlos Alberto Alonso, acreación dunha páxina web e a produción dun CD con 12 cancións de grupos galegos emerxentes, froito dun certame lanzado pola compañía no outono do 2009.

Pretendemos que Pressing Catch non represente unha ruptura, senón unha continuidade na liña de traballo de Berrobambán. Seguiremos dirixindo os nosos esforzos na procura de temas que expliquen o contexto espazo-temporal no que nos movemos, as novas formas para as preocupacións de sempre, así como un estilo propio cada vez máis depurado e preciso.

PROGRAMACIÓNS