Título:
Rosalía, a pulga que escribía
Compañía:
Galitoon
Clasificación: Teatro infantil / Monicreques
Este espectáculo pertence a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Data e lugar da estrea: Feira Galega AA EE (S. de Compostela), 21/10/09
Duración: 45 min
Público: Infantil
Idade: A partir de 2 anos
Autor: Andrea Bayer
Dirección: Andrea Bayer, Santiago Alonso
Escenografía: Begoña Paz, Santiago Alonso
Son: Dani Abalo
Iluminación:
Dani Abalo
Vestiario: Lola Gómez
Elenco artístico / formación:
Santiago Alonso
Rogelio Lema
Despois das exitosas Golulá e Babiliglub, a produtora afincada en Teo presenta un espectáculo no que incorpora á súa disciplina outra técnica de manipulación: monicreques sobre mesa.
Galitoon continúa así coa súa constante experimentación. Por iso, nesta nova peza cambia de estilo no deseño de arte e cambia a técnica de manipulación sen esquecer o seu selo propio e característico baseado en contidos intelixentes, plasticidade impactante e musicalidade.
Sinopse:
Había unha vez, unha pulga moi, moi pequena: Rosalía.
Rosalía escribe unha carta cada día. Métea nun sobre, ponlle un selo e mándaa por correo. Bruno, o Canguro, un carteiro moi especial, encárgase en persoa de levarlla ao seu destinatario.... e lerlla:
Á señora Toupa porque non ve.
A dona Xirafa porque perdeu as gafas.
Á ovella porque non sabe ler.
E a Mr Elefante porque só sabe ler en inglés.
O contido da carta é unha invitación:
O MARTES 3 ÁS 10 UNHA FESTA NA CASA DE ROSALÍA.
Todos reciben unha carta, todos, menos Bruno, o Canguro.
Por que?
Porque é unha festa sorpresa para el!