Título:
Un condón por se pillo!
Compañía:
Róber Bodegas
Clasificación: Teatro adultos / Comedia
Este espectáculo pertence a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Data e lugar da estrea: Teatro Jofre 28/11/2008
Duración: 80
Público: Adulto
Autor: Róber Bodegas
Iluminación:
Afonso Castro
Vestiario: Merc
Elenco artístico / formación:
Róber Bodegas
Un condón por si pillo!
Unha historia con forma de monólogo na que Rober lembra a chegada do seu despertar sexual, e como, gracias á intervención de personaxes tan dispares como Lorena Berdún, John Lennon ou Bruce Lee, conseguiu dar o paso de neno a home (vamos, que botou un polvo). Unha reflexión sobre os traumas adolescentes e inseguridades propias do momento: Cada canto hai que separar a boca nun morreo? Ligaríaa de ter sido meu o BMW? Cal é o dereito do condón? E por que non traen unha marquiña? Por cada cantos nenos corresponde un columpio nos parques infantís? Alguén viu algunha vez cansarse aos que bailan nas tarimas das discotecas maquineras? E por que cando poñen "as lentas" sempre hai máis tíos que tías? A partir de que copa a seducción se considera emborrachamento? Cantos fallos se permiten nun test de embarazo? A resposta a todas estas preguntas e a moitas outras encontralas en: E un condón por si ligo! Eso si, ao mellor non son as que esperabas.