Coll y Costa (de los reyes del KO)
Estilo/s:
Outros - Blues Caliente
Representante:
Gumersindo Meijón Parreño
Enderezo: Rúela de Oliveira, 3 1º
E-mail:
info@mulasproducions.com
Páxina web:
http://www.losreyesdelko.com
Coñécense dende pequeniños, polo que a súa química enriba do esceario é brutal, chegando a compenetrarse case coma irmáns. Dende que marcharon a Madrid coa súa banda Los Reyes del KO, non deixaron de medrar e de converterse en referentes e embaixadores do blues galego. Compartir escenario ou xiras con xente da talla de Mick Taylor (ex Rollings Stones), Buddy Milles (Jimmi Hendrix, Santana), Tom Jones, Chuck Berry, Litte Winter, dio todo.
Logo de emigrar a Berlín xiran por todo o mundo: Alemaña, Francia, República Checa, Rusia, México, Estados Unidos, España e como non Galicia, onde máis lles gusta tocar, xa que como din eles non hai nada mellor que ver mover o cu da nosa xente.
Destacar tamén que nesta traxectoria recibiron premios coma os Awards á mellor banda de blues de Berlín, e os Guille á mellor banda de salas española.
Blues auténtico. Un concerto intimista pero moi divertido, interactivo e entretido destes dous músicos galegos afincados en Berlín. A guitarra e a voz de negro de Adrián Costa facendo percusión cos seus zapatos de claqué, misturase ca tremenda harmónica de Marcos Coll, eloxiado por moitos criticos músicais.
Un concerto para vivir unha noite máxica e inesquecible.